Bodega

Ó presentar Adega "Terras Bendaña" o primeiro propósito é rendir unha garimosa homenaxe a estas terras que gozan con grandiosa sinxeleza da beleza natural da paisaxe, lugares e aldeas enraizadas no máis fondo da cultura galega. As paraxes entrañables da ribeira chantadina merecen a nosa meirande admiración que colle o esforzo cotián de homes e mulleres, que ollándose na paisaxe elaboran o futuro.

Na Ribeira Sacrata Chantadina onde asentaron as primeiras culturas da zona, terra de benedictinos e cistercienses que planificaron o aproveitamento das terras ermas e así naceron as nosas ribeiras en socalcos, onde nas vides retortas agroman os acios que posibilitan a nosa particular cultura viñateira. As "Granxas" de viñedos de Líncora, onde se atopa a centenaria Adega "Terras Bendaña" no lugar de Sobrado, enchían as cubas benedictinas de San Salvador de Asma que ían parar o cabildo de Santiago, as adegas dos mosteiros de Oseira e co mellor viño desta cunca ribeirenta o Conde de Lemos celebraba os seus banquetes.

Na historia da Ribeira chantadina, encontraremos moitas testemuñas que nos falarán dos seus viños. O resultado ó longo do tempo foi excelente, a experiencia e so saber dos patrucios colleteiros deu paso a selectivos criterios de calidade, desde o cultivo e coidado dunha boa cepa de Mencía a unha depurada vinificación para conquerir viños de grande prestixio.

A calidade dos nosos viños comeza nos ben coidados viñedos. Unha vedima feita con especial coidado, para non danar o froito, dará paso a unha excelente vinificación realizada coa mellor das novas tecnoloxías. Deste xeito, degustar un "Terras Bendaña" é descubrir o espíritu único e o estilo inimitable dun extraordinario viño de Chantada. Un Mencía de cor intensa, aromático, lixeiramente afroitado de padal aterciopelado. Desde o coidado da cepa á elaboración do viño, todo se resume na busca da perfección.

 

Viño de Chantada

Viño Chantadés
emblema desta terra
que me trae lembranzas de neno
arrecendos dunha adega.

Acios dourados de Líncora e Belesar
que vin medrar na videira
traballo de mans xenerosas
unha milagre cada colleita.

Compañeiro de troulas e festas
cómplice de bicos e apertas
de romerías e amores
que fas bailar a "muiñeira".

Viño Chantadés
un pouco de gloria eterna
como din os versos do poeta 
nesta Sagrada Ribeira.

 

Es una de las más recientes incorporacións a la D.O., que recoje la herencia de una tradición familiar centenaria de cosecheros y pretende seguir con un espíritu de innovación yhonestidad, que incorpora a todo el proceso las nuevas tecnologías enológicas. Las "Granxas" de viñedos de Líncora, donde se encuentra esta centenaria bodega, llenaban las cubas beneditinas de S. Salvador de Asma que iban a parar al cabido de Santiago, a la bodega del Mosteiro de Oseira y a los banquetes de los condes de Lemos

.:: DATOS DE CONTACTO
     
Contacto: 
Amelia Ledo Vence
     
Dirección:
Sobrado - San Pedro de Líncora
Chantada 27514 (Lugo)
     
Teléfono:
982 44 09 89
     
 
.:: DATOS DE PRODUCCIÓN
     
Superficie:
3 Has.
     
Producción:
2004 | 10000 litros
     
Variedades:
Tintas:    Mencía
Blancas:     
     
Marcas Comerciales:
- Terras Bendaña (Mencía)
     
Premios:
2002 | Medalla de plata en el Concurso Internacional de Vinos de Montaña en Aosta - Italia.