Adega Terras Bendaña, de Sobrado, parroquia chantadina de San Pedro de Líncora, realiza obras de acondicionamento do ámbito e adega principal para dotalo dunha sala de catas e do que será o Centro Etnográfico Ribeirao.
Neste centro, que ocupará parte do edificio do século XV, exporánse os vestixios históricos adicados á actividade vitivinícola. As obras de remodelación, con características similares a un pequeno "chateau" de estilo bordelés sobre o que se divisan os viñedos centenarios que descenden ata o Río Miño, comezaron cun investimento de 280.000 euros e un prazo de execución de catorce meses, de tal xeito que o museo estará aberto ao público na metade de 2015.
Os propietarios da adega manifestaron que o obxectivo é converter este centro nun enclave cultural arredor do sector do viño para coñecemento do público.